IX JAEM
IX Xornadas para a Aprendizaxe e a Ensinanza das Matemáticas (JAEM)
LUGO. 1999.

A Sección de Matemáticas da ENCIGA, no nome da Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM), invítao/a a participar nas IX JAEM (Xornadas para a Aprendizaxe e a Ensinanza das Matemáticas).
AVANCE DO PROGRAMA
O contido das IX JAEM xirará, basicamente, sobre os seguintes temas xerais:
1. Tecnoloxías na ensinanza da Matemática. Calculadoras gráficas e ordenadores.
2. A ensinanza da Estatística: Un reto pendente.
3. Talleres e optativas de Matemáticas.
4. Matemáticas na vida real e con relación a outras materias escolares.
5. Do pensamento aritmético ó pensamento alxebraico.
6. Bases da aprendizaxe das matemáticas na educación infantil e primaria.
7. Ensinanza das Matemáticas na Universidade.
8. Formación do profesorado de Matemáticas.
9. As Matemáticas na ESO e no Bacharelato.
10. Matemática recreativa.
Outras (abertas ás suxestións dos participantes, sempre que as avalen un número significativo de propostas antes do 1-2-99).
Estes temas desenvolveranse mediante conferencias, relatorios, obradoiros, comunicacións, paneis e grupos de traballo.
Tamén haberá, simultaneamente coas sesións anteriores e como parte importante das Xornadas, actividades de animación matemática:
Exposición no Museo Provincial de Lugo sobre Matemáticas e Ciencias en Galicia.
Mostra de software e vídeos didácticos.
Exposición de libros e material didáctico.
Concurso de Fotografía Matemática. Concurso de Software para Matemáticas. Concurso de actividades innovadoras con calculadora.
Bases en: http://www.cesga.es/cefocop_lugo/jaem.
Con motivo do Xacobeo 99, están programadas rutas polo Camiño de Santiago, incluíndo unha visita a Santiago de Compostela.
INFORMACIÓN XERAL
LUGAR E DATAS
Facultade de Veterinaria. Campus de Lugo. Universidade de Santiago, os días 9, 10 e 11 de setembro de 1999.
COTAS DE INSCRICIÓN
| Antes do 30-IV-99 | Despois do 30-IV-99 | |
| Socios/as Da FESPM |
9.000 ptas. | 13.000 ptas. |
| Non socios/as | 16.000 ptas. | 21.000 ptas. |
| Estudiantes | 4.000 ptas. | 6.000 ptas. |
Data límite: 30 de xuño de 1999.
Asistencia limitada a 800 persoas.
INSCRICIÓN E ALOXAMENTO
Inscrición: Enviar talón nominativo ou transferencia bancaria a:
Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas, IX JAEM
Caixa Galicia c/c 2091 0103 01 3040007246
Aloxamento: Poden xestionalo a través de Hemisferios Viajes S.L. ou ben directamente.
A organización recomenda face-la reserva de aloxamento o antes posible por ser o ano 1999 Ano Santo Xacobeo.
Presentación de Comunicacións e Paneis
A presentación de comunicacións e paneis deberá realizarse antes do día 30 de marzo de 1999, remitindo a ficha correspondente, debidamente cumprimentada, xunto cun breve resumo (10 liñas a dobre espacio no formato DIN A-4) do seu contido e estructura.
Co obxecto de poder agrupar os traballos presentados de acordo coa súa posible afinidade temática, cada un deles debe acompañarse coas palabras clave que mellor o identifiquen; a modo de exemplo, indicamos:
Título da comunicación ou panel.
Obxectivo xeral do traballo (formación inicial do profesorado, formación permanente, aprendizaxe, currículo,...)
Nivel educativo: primaria, secundaria, universidade...
Temas específicos que aborda: traballos prácticos, resolución de problemas, avaliación...
Natureza da aportación: estudio teórico, experimental, revisión bibliográfica,...
O traballo completo deberá remitirse antes do 30 de abril de 1999 e non debe ocupar máis do 5 DIN A-4 a dobre espacio. Recoméndase envialo xunto con un disquete usando os procesadores de texto Microsoft Word ou WordPerfect para PC.
Os gráficos débense enviar en formato TIFF ou EPS, indicando a súa colocación no texto ou ben xa inseridos no mesmo.
Está prevista a edición dun CDROM no que se recollerán, ademais dos relatorios e comunicacións, os traballos de tipo informático (programas, animacións,...) que se queiran presentar acompañando ós relatorios. Tamén se publicarán, neste medio unicamente, as versións non limitadas a cinco páxinas das comunicacións.
BOLETÍN DE INSCRICIÓN IX JAEM Lugo 9, 10, 11 de setembro de 1999
Apelidos e Nome.................................N.I.F...........
Domicilio........................ Tel. / Fax ...................
Localidade .................Código Postal ............ Provincia .............. E-mail....................
Centro de Traballo ..................... Tel. / Fax ............
Cantidade ingresada ........... O documento acreditativo da reducción que se acompaña é ....................................
Face-lo ingreso na Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas, Caixa Galicia (urb. nº 2 de Lugo)
c/c 2091 0103 01 3040007246
¿Cres que se debería engadir algunha mesa de traballo? En caso afirmativo di o seu título .................................
Se pensas presentar unha comunicación ou taller, rogámosche cumprimentes os seguintes datos:
TÍTULO ................................................
TEMA ..................................................
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
NIVEL educativo ó que se dirixe a comunicación ou o obradoiro:
Infantil Primaria Secundaria Universidade Outros
Se necesitas algún material, indícanos cal ...............
Data límite de presentación de resumos: 30 de marzo de 1999
CERTIFICACIÓN DAS XORNADAS
Cada un dos asistentes recibirá un certificado de asistencia ás xornadas, expedido pola Universidade de Santiago, de 20 horas. Recoñecerase un crédito de Libre Elección para os alumnos da Facultade de Matemáticas e das Diplomaturas de mestre da USC.
ANULACIÓNS
Só serán atendidas aquelas solicitudes de reembolso de inscrición realizadas antes do 30 de xuño de 1999.
SEDE DO COMITÉ ORGANIZADOR E SECRETARÍA TÉCNICA
CEFOCOP de Lugo.
Att.: JAEM
Rúa Dr. Yáñez Rebolo 31. 27004 Lugo
Telf.: 982 25 10 68 / 982 25 09 12
Fax: 982 25 11 26
Correo electrónico: cflugo@teleline.es
AXENCIA COLABORADORA
Hemisferios Viajes S.L.
Estación de Autobuses 2ª Planta - 27002 Lugo
Telf. 982 25 45 45 - 982 25 40 40
Fax 982 23 13 07
Correo-e: hemisferios.viajes@teleline.es
CONVOCA
Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas.
ORGANIZA
Sección de Matemáticas de ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia).